Mostrando entradas con la etiqueta Xeografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xeografía. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de noviembre de 2011

Lingua de Somalia

A lingua somaliana, chamada "afka soomaaliga", pertence a rama cusítica da familia afroasiática, ata o século XX a lingua transmitiase de forma falada, e é moi famosa polas súas poesías, sátiras e outros textos. É a lingua oficial de Somalia e ali é falada por 3 millóns de persoas, e é falada por un millón mais de persoas en Kenia e Etiopía. Hai seis grupos de dialectos, y cada uno de ellos abarca cuatro o cinco dialectos distintos, lo que expresa la riqueza de lenguajes de la zona.

lunes, 17 de octubre de 2011

Idiomas e relixións.

IDIOMAS

O idioma somalí é o idioma oficial de Somalia, o cal é membro das linguas cushitas. Forma parte da familia das linguas afro-asiáticas, e os idiomas máis cercanos son o afar e o oromo. O somalí foi adoptado como idioma oficial polo presidente Siad Barre en octubre de 1972. O alfabeto foi desarroiado polo lingüista somalí Shire Jama Ahmed especificamente para este idioma, e usa todas as letras do alfabeto Latino-Inglés modernos, coa excepción da P, V e Z.
Os dialectos do somalí concéntranse en tres grupos: Norteño, Benaadir e Maay.

Tamén é oficial o árabe. Moitos o falan a causa de antigos lazos históricos co mundo árabe, a influencia e largo alcance dos medios de comunicación, as condicións xeográficas e a educación relixiosa. O inglés tamén se utiliza e é ensinado, por motivos históricos. O italiano foi un idioma importante, pero a súa influencia disminuiu tras a independencia.

A comparación de outro países africanos, en Somalia fálanse poucos idiomas. Isto débese probablemente á constante comunicación que mantiveron entre sí as etnias no pasado.



RELIXIÓNS

Os ingleses intentaron impoñer o protestantismo. Os italianos intentárono co fascismo, ainda que non fixeron maior esforzo por impoñerse relixiosamente.

Actualmente, a relixión predominante en Somalia é o Islam, con poucas excepcións. Practican o musulmanismo sunita. Éste feito reforza a idea de que o país se está distanciando máis do resto de África, xa que os seus veciños, practican o cristianismo ou relixións nativas.

martes, 4 de octubre de 2011

Localización e superficie.

Somalia, o país máis oriental de África, ocupa unha área de 637.540 km². Sitúase na punta dunha rexión coñecida habitualmente como o Corno de África -debido ao seu parecido no mapa cun corno de rinoceronte- da que tamén forman parte Etiopía e Xibutí.

O territorio somalí está composto principalmente de chairas, mesetas e terras elevadas. No norte, sen embargo, as montañas Karkaar sitúanse a distancia variable do Golfo do Adén. O tempo é cálido durante todo o ano con veráns inclementes, agás nos territorios de maior altitude do norte do país. A pesar de localizarse no ecuador terrestre a chuvia no país é rara, e a maior parte de Somalia atópase en terreo árido ou semiárido, adecuado tan só para o pastoreo nómade que practica máis da metade da poboación. Só nunhas áreas de choivas moderadas, no noroeste e sudoeste, onde se atopan os dous ríos importantes do país, practícase unha agricultura de certa importancia.


A xeoloxía local suxire a presenza de valiosos xacementos minerais. A longa costa de Somalia (3.025 quilómetros) tivo importancia histórica, debido a que permitía o comercio do Oriente Próximo coa África Oriental e actualmente como camiño de paso obrigado para a canle de Suez .