O territorio somalí está composto principalmente de chairas, mesetas e terras elevadas. No norte, sen embargo, as montañas Karkaar sitúanse a distancia variable do Golfo do Adén. O tempo é cálido durante todo o ano con veráns inclementes, agás nos territorios de maior altitude do norte do país. A pesar de localizarse no ecuador terrestre a chuvia no país é rara, e a maior parte de Somalia atópase en terreo árido ou semiárido, adecuado tan só para o pastoreo nómade que practica máis da metade da poboación. Só nunhas áreas de choivas moderadas, no noroeste e sudoeste, onde se atopan os dous ríos importantes do país, practícase unha agricultura de certa importancia.
A xeoloxía local suxire a presenza de valiosos xacementos minerais. A longa costa de Somalia (3.025 quilómetros) tivo importancia histórica, debido a que permitía o comercio do Oriente Próximo coa África Oriental e actualmente como camiño de paso obrigado para a canle de Suez .
No hay comentarios:
Publicar un comentario