IDIOMAS
O idioma somalí é o idioma oficial de Somalia, o cal é membro das linguas cushitas. Forma parte da familia das linguas afro-asiáticas, e os idiomas máis cercanos son o afar e o oromo. O somalí foi adoptado como idioma oficial polo presidente Siad Barre en octubre de 1972. O alfabeto foi desarroiado polo lingüista somalí Shire Jama Ahmed especificamente para este idioma, e usa todas as letras do alfabeto Latino-Inglés modernos, coa excepción da P, V e Z.
Os dialectos do somalí concéntranse en tres grupos: Norteño, Benaadir e Maay.
Tamén é oficial o árabe. Moitos o falan a causa de antigos lazos históricos co mundo árabe, a influencia e largo alcance dos medios de comunicación, as condicións xeográficas e a educación relixiosa. O inglés tamén se utiliza e é ensinado, por motivos históricos. O italiano foi un idioma importante, pero a súa influencia disminuiu tras a independencia.
A comparación de outro países africanos, en Somalia fálanse poucos idiomas. Isto débese probablemente á constante comunicación que mantiveron entre sí as etnias no pasado.
RELIXIÓNS
Os ingleses intentaron impoñer o protestantismo. Os italianos intentárono co fascismo, ainda que non fixeron maior esforzo por impoñerse relixiosamente.
Actualmente, a relixión predominante en Somalia é o Islam, con poucas excepcións. Practican o musulmanismo sunita. Éste feito reforza a idea de que o país se está distanciando máis do resto de África, xa que os seus veciños, practican o cristianismo ou relixións nativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario