miércoles, 9 de noviembre de 2011

Malvivir en Somalia.



Cada grupo Somalí identifícase a través da ocupación dunha terra común e pola súa pertenza a uns antepasados comúns. En canto a terra, ésta enténdese como as terras da súa propiedade que se identifican coas terras usadas, no sentido de que unha terra non utilizada non pode dicirse que ten propietario. Dentro dun territorio dun grupo existen divisións de utilización familiar que son utilizadas nas súas prácticas de trashumancia. Os pozos son de importancia central respeto as divisións das terras e por eles chégase a loitar entre os grupos.

As poblacións somalíes viven en pagos temporais que consisten en campamentos circulares de casas cónicas en torno a espazos abertos divididos en corrais para o ganado.
Cada pago, compóñeno unha familiar extendida, e é rodeados e protexido por setos de espiños e cercados de ramas. As casas ao ter un carácter provisional son facilmente montables e desmontables e preparadas para poder transportarse. O montar e desmontar a casa é responsabilidade das mulleres, e cada esposa posee a súa propia casa. A cabeza da familiar identifícase coa casa da súa primeira esposa

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario